Thursday 02 de May de 2024

Comenza a reparación da ponte sobre o río Beseño derrubada en xaneiro polas crecidas e que comunica as parroquias de Calvos e Cornado (Touro) con Fonte Díaz, capital do Concello


As máquinas de Oviga, empresa encargada do proxecto, xa traballan no arranxo da ponte, que estará lista para recibir vehículos e peatóns a inicios do mes de xullo

A ponte que foi derrubada polas crecidas dos ríos do pasado inverno e que está situada na estrada que une Castelo, na parroquia de Andeade, con Santiso, en Cornado, no Concello de Touro, estará reparada a inicios do mes de xullo, segundo as previsións da empresa encargada das obras. Os traballos, que correrán a cargo da empresa Oviga, comenzaron esta semana y desenvolveranse durante todo este mes para que nun prazo de unos 30 días poida xa ser utilizada polos veciños, por turismos e por vehículos agrícolas e camións que atenden ás explotacións gandeiras da zona.
Dende xaneiro o paso por este punto está cortado. Ningún vehículo poido facer uso deste traxecto. A ponte sobre o río Beseño, polo efecto das crecidas do inverno, presentou un amplo buraco no centro da estrada sobre a que sustenta a ponte. Esta vía de titularidade municipal é de moita circulación tanto de turismos, como de vehículos agrícolas e de camións. Comunica as parroquias de Santiso e Calvos con Fonte Díaz, capital do Concello e é a estrada para que esta zona do Concello de Touro acceda a outras vías de comunicación. Os veciños tiveron nestes últimos meses que utilizar estradas alternativas.
O Concello tratou de darlle celeridade aos trámites para arranxar a ponte e o que corte desta estrada ao tráfico causase os mínimos contratempos ás explotacións gandeiras e agrícolas desta zona. O Concello de Touro tramitou con urxencia ante Augas de Galicia o permiso para ter a ‘luz verde’ para rehabilitar a ponte. O Concello tamén tiña previsto unha partida procedente da Deputación para arranxar a ponte e a vía. Agora as máquinas xa están traballando sobre o terreo para que a inicios de xullo a ponte esté xa lista para recibir o paso de vehículos e peatóns.